PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Oct 26

A Liga Autonómica de Veteranos de Hóckey sobre Patíns iníciase este fin de semana

Con case todas as ligas autonómicas de Hóckey sobre Patíns xa en marcha, este fin de semana comeza unha das máis demandadas nas últimas tempadas e que por fin é xa unha realidade. A Liga Autonómica de Veteranos estará formada por catro equipos (HC Liceo de A Coruña, CH Oleiros, Escola Lubiáns de Carballo e Club Compañía de María de Ferrol), que disputarán unha liga regular na que haberá tres enfrontamentos directos entre todos os equipos. Unha vella aspiración que por fin se puido levar a cabo e á que agardemos que no futuro se poidan engadir máis conxuntos, aínda que como é habitual neste tipo de competicións, o obxectivo é pasalo ben e evocar recordos pasados de quen xa deron todo o que tiñan ofrecer, tanto xogadores/as como adestradores/as.

Por outra banda, o pasado fin de semana finalizaba a fase de grupos da categoría Infantil, cos tres primeiros de cada un dos tres clasificándose para a 1ª División mentres o resto seguirán competindo na 2ª División. No Grupo 1 o campión foi o Club Compañía de María “A”, que finalizaba invicto, mentres que no Grupo 2 a mellor diferenza de goles de Escola Lubiáns outorgáballe a primeira posición empatado a puntos con HC Liceo “A” e HC Raxoi “A”. O outro equipo que gañou todos os seus partidos foi o CH Compostela “A” no Grupo 3, que accede á 1ª División xunto a Club AA Dominicos e Club Compañía de María “B” e aos que se engadirán tamén AC Órdenes e Santa María del Mar procedentes do Grupo 1.

Calendario, resultados e clasificación

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL