A pista anexa do pavillón municipal Paco Chao do Carballiño acolleu o sábado 23 de xuño a terceira edición da Copa Deputación Ourense de Patinaxe Artística, na que participaron os tres clubes da provincia co CPA Fénix como organizador da mesma e ao que se engadía o Club Aehde, ambos os dous da vila ourensá na que se desenvolvía a competición, e o CD Ourela da cidade de Ourense. Un total de 68 patinadores e patinadoras das categorías de Niveis e Rexional participaron durante toda a xornada, co Ourela levando a maioría de medallas aínda que tamén os locais do Fénix e Aehde acadaron algunhas.
Clasificacións
Nivel 0: 1. Antía Rivera Martínez (CD Ourela), 50,7 puntos. 2. Samuel Rozas Carballo (Club Aehde), 47,8 puntos. 3. Noa Pousa López (Club Aehde), 41,3 puntos.
Nivel 1: 1. Uxía Lamas Lamas (Club Aehde), 51,9 puntos. 2. Lucía Álvarez Fernández (Club Aehde), 46,9 puntos. 3. Sharay Euse Álvarez (Club Aehde), 45,6 puntos.
Nivel 2: 1. Carla Míguez Núñez (CD Ourela), 47,0 puntos. 2. Sara Mateos Pato (CD Ourela), 43,8 puntos. 3.Vega Mangana Pérez (CD Ourela), 43,1 puntos.
Nivel 3: 1. Esther Blanco Pérez (CD Ourela), 47,1 puntos. 2. Paula Ferreira Taboada (CPA Fénix), 42,2 puntos. 3. Sara González Carneiro (Club Aehde), 40,6 puntos.
Nivel 4: 1. Anne Gil Gallego (Club Aehde), 43,5 puntos. 2.Sara López Veiga (CPA Fénix), 43,0 puntos. 3.Paula Lahoz Saburido (CD Ourela), 42,8 puntos.
Nivel 5: 1. Sara Vila Aranda (CD Ourela), 46,2 puntos. 2. Carla Pérez Arjiz (CD Ourela), 41,0 puntos. 3. Irene Velasco Pérez (CD Ourela), 38,6 puntos.
Nivel 7: 1. Ana González Barbosa (CD Ourela).
Categoría Rexional Alevín: 1. Xiana Salgado Soto (CPA Fénix).
Categoría Rexional Infantil: 1. Nerea Rodríguez Fernández (CD Ourela).
[Fotos: CPA Fénix]
#eupatino