PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Nov 22

A II Fase de Niveis de Patinaxe Artística continúa este sábado en Vigo

A pasada fin de semana (17-18 de novembro) celebrouse unha primeira quenda da II Fase de Niveis de Patinaxe Artística na modalidade libre, que se desenvolveu en tres sedes diferentes atendendo á procedencia dos patinadores e patinadoras dos diversos clubes participantes e nos que os da provincia da Coruña xa remataron a súa participación coa presenza de case 600 inscritos. A correspondente á zona Norte celebrouse no pavillón Augusto César Lendoiro de Corcubión organizada polo CPA Costa da Morte mentres o pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro, no concello de Oroso e da man do CP Oroso, acollía aos representantes da zona Sur.

No que atinxe aos clubes das provincias de Pontevedra e Ourense, acudían ao pavillón de Candeán de Vigo (Pontevedra) a onde terán que voltar este sábado 24 de novembro os patinadores e patinadoras dos niveis 6, 7 e 8 en horario de 10:00 a 13:50 horas coa organización do CP Vagalume-Celtamotor.

Os resultados das probas xa realizadas pódense consultar na páxina web de competicións da FGP.

[Fotos: CP Oroso, CPA Brión e CPA Gondomar]

#eupatino

PA-2018-11-17-II-FaseNiveis-Brion2 PA-2018-11-18-II-FaseNiveis-Gondomar1

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL