O sábado 11 de febreiro terá lugar a primeira Fase de Niveis, do 5 ao 10, de modalidade Libre. Será no Pavillón Paco Chao, en O Carballiño, e o club organizador é o AEHDE.
Pola mañá participarán os clubs: Ourela, Patín Porriño, Luar, Coruxo, Ribex, Eixo Gondomar, Indalo, Gondomar, Salvaterra e Valladares.
Os horarios desta xornada de mañá son os seguintes:
De 10:00 a 11:20 – Nivel 5.
De 11:20 a 12:15 – Nivel 6.
De 12:15 a 12:50 – Nivel 7.
De 12:50 a 13:35 – Nivel 8.
De 13:35 a 14:00 . Niveis 9 e 10.
Pola tarde participarán os clubs: Condado, A Estrada, AEHDE, El Olivo, Carpa, Bolboreta Redondela, Castrelos, Ánfora, Balaidos, Vagalume, Rosalía e Salceda.
E os horarios son os seguintes:
De 16:00 a 17:40 – Nivel 5.
De 17:40 a 18:50 – Nivel 6.
De 18:50 a 19:35 – Nivel 7.
De 19:35 a 20:00 – Nivel 8.