No pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo comenzaba este domingo 20 de xaneiro a Liga Galega Infantil de Hóckey Liña con tres encontros tras os cales sae como líder provisional A Guarda H. L., logo de resolver os seus dous compromisos con vitoria. Non obstante, aínda resta por saber o resultado dos partidos de C. P. Lóstregos, que se xogarán o 10 de febreiro, pois o equipo lugués estivo esta mesma fin de semana disputando a Liga Ouro Infantil en Sagunto (Valencia). Os tres celebrados nesta Primeira Sede organizada por C. H. L. Meigas correspondían ás xornadas 1, 2 e 3.
[Fotos: A Guarda H. L. e Paco López]
#eupatino