O Pazo dos Deportes de A Coruña acollerá os vindeiros 27 e 28 de abril a Final Four da WSE Champions League Women, na que participa o HC Coruña, sendo a primeira vez que un equipo feminino galego alcanza esta clasificación para a competicón.
Ademáis do equipo herculino, nesta F4 enfrontaranse o Generali HC Palau de Plegamans, CP Vila-sana Coop. d´lvars e CP Esneca Fraga.
A competición, organizada polo HC Coruña, contará co seguinte horario:
O 27 de abril serán as seminfináis:
Ás 17:00h. – CP Vila-sana Coop. d’Ivars vs. Generali HC Palau de Plegamans
Ás 19:30h. – HC Coruña vs. CP Esneca Fraga
O 28 de abril terá lugar a Final ás 12:00h. na que se enfrontarán os equipos gañadores de cada semifinal.
Cabe destacar que é a primeira vez que a WSE Champions League Feminina se organiza en A Coruña.