Este fin de semana disputouse no pavillón de Monte Alto da Coruña a derradeira das Finais a 4 de Hóckey sobre Patíns que se viñeron celebrando nas últimas semanas. Neste caso, era a quenda da categoría Senior Feminina na que o equipo que rematou primeiro a liga regular, o HC Liceo, tamén se impuxo nesta Final a 4, polo que se proclamaba campión galego a pesar sufrir a primeira derrota da tempada esta mañá contra o CH Compostela.
Os resultados das dúas primeiras xornada deixaban o pronóstico moi aberto de cara á derradeira delas, que se xogou esta tarde, pois os catro equipos que participaban partían con opcións de conseguir o título, aínda que o CP Oroso era quen o tiña máis complicado, rematando finalmente na cuarta praza final polo mellor cociente de goles do HC Borbolla, que no derradeiro partido da competición pouco podían facer ante o HC Liceo, proclamándose así campión logo de que o CH Compostela non pasara do empate contra o CP Oroso, o que limitaba xa as posibilidades das composteláns.
RESULTADOS – FINAL A 4 SENIOR FEMININA
XORNADA 1 | Sábado, 29 de abril de 2017
HC Liceo 5 – 1 CP Oroso
HC Borbolla 2 – 2 CH Compostela
XORNADA 2 | Domingo, 30 de abril de 2017
HC Liceo 2 – 3 CH Compostela
HC Borbolla 2 – 2 CP Oroso
XORNADA 3 | Domingo, 30 de abril de 2017
CH Compostela 2 – 2 CP Oroso
HC Liceo 6 – 2 HC Borbolla