PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 05

A Federación Galega de Patinaxe e Rubén Fernández premiados na IX Gala del Patinaje da Real Federación Española de Patinaje.

A Sede do Comité Olímpico Español de Madrid, acolleu a IX Gala del Patinaje para facer entrega dos diferentes recoñecementos a deportistas, árbitros, xuíces, clubs e Federacións.

 

986

María Jesús Vázquez, Presidenta da FGP, recollendo o recoñecemento especial.

A Federación Galega de Patinaxe  recibiu  un Recoñecemento especial polo seu traballo e traxectoria nos últimos anos. Recolleu dito premio a súa Presidenta, María Jesús Vázquez.

967

Rubén Fernández recollendo a Medalla e Diploma de Mérito de la RFEP.

Rubén Fernández , árbitro internacional de hóckey a patíns, recibiu Medalla e Diploma de Mérito de la RFEP  pola súa gran colaboración no desenvolvemento e a mellora da arbitraxe.

Os premiados galegos xunto ao tamén coruñés Ignacio González, Vicepresidente da RFEP.

O acto contou coa presencia de Carmelo Paniagua, Presidente da RFEP; Alejandro Blanco, Presidente do Comité Olímpico Español, Luis Sénica, Presidente de World Skate Europe, e Alejandro Merino, “Director de Relaciones Externas y Protocolo del Consejo Superior de Deportes”.

Tamén  contou coa presencia dos Presidentes das Federacións Autonómicas e membros da Xunta Directiva, entre outras personalidades.

1042

Todos os premiados na gala.

894

María Jesús Vázquez e Rubén Fernández.

Rubén Fernández recollendo a Medalla e Diploma de Mérito de la RFEP.

María Jesús Vázquez, Presidenta da FGP, recollendo o recoñecemento especial.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL