Este domingo, cos derradeiros tres partidos da competición celebrados no pavillón de Castrelos de Vigo, remataba a fase regular da Liga Galega Infantil de Hóckey Liña, que non se disputou co habitual formato de sedes na presente tempada. Lóstregos non xogou ningún encontro esta pasada fin de semana, sabendo xa que rematarían primeiros con seis vitorias en outros tantos encontros. Os dous partidos gañados por Trasnos deixaban aos de Ribadeo na segunda praza en detrimento de A Guarda H. L., ambos con tres victorias e tres derrotas, resolvendo o desempate pola diferenza total de goles. Meigas completa a clasificación final coa cuarta posición, pois nesta categoría non se disputará a Final a 4 como ocorre noutras categorías, polo que Lóstregos remata como campión.
[Fotos: Lóstregos Lucus e Paco López]
#eupatino