Despois de celebrarse onte domingo a Cuarta Sede da Liga Galega Sénior Masculina de Hóckey Liña, na que se xogaron as xornadas 10 e 11 da fase regular no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña, as catro primeiras posicións que dan acceso á Final a 4 xa se van definindo.
O líder provisional, Lóstregos Máster, vencía nos dous encontros que disputaba pero Brigantium non quere descolgarse e mantén a segunda praza por diante de Lóstregos, ambos con mesmo número de derrotas, pero os lugueses con dous partidos menos aínda. A Guarda H. L. ocupa o cuarto lugar, sendo estes os catro equipos que disputarán a Final a 4 pois Morcegos H. L., o quinto clasificado, xa non te opcións de facelo.
Esta foi a derradeira sede da temporada, pois os encontros que restan das xornadas 12, 13 e 14 non se xogarán con este formato.
Ademáis, a xornada pechábase cun encontro da Liga Galega Sénior Feminina onde Lóstregos Feminino derrotaba a A. D. C. Alquimia Inline, o que lle serve ás de Lugo para manter a primeira praza provisional coas coruñesas a continuación.
[Fotos: A. D. C. Alquimia Inline e Lóstregos Lucus]
#eupatino