A falta de tres partidos, dous deles o 25 de marzo correspondentes ás xornadas 3 e 9 e outro da 12 que se xogará o 21 de abril, a Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña apurouo o seus últimos encontros da liga regular na Cuarta Sede celebrada este domingo no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo organizada polo CP Lóstregos Lucus.
Peque Lóstregos rematará a competición na primeira posición a pesar de que lle resta por disputar un partido, pero os seis puntos de vantaxe con respecto a Club Hóckey Minimeigas xa son insalvables para estas, quen xa completaron os seus doce encontros da liga regular. E feito, as catro primeiras posicións que ocupan Peque Lóstregos, CH Minimeigas, Morcegos HL e ADC Alquimia Inline xa non mudarán, polo que serán estes os que disputen a Final a 4 para dirimir quen é campión galego da categoría.
[Fotos: ADC Alquimia Inline e Morcegos HL]
#eupatino