Galicia Rollers organizaba este domingo 24 de marzo a Terceira Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña onde se disputaron as xornadas 8 e 9, tras as cales Peque Lóstregos é aínda máis líder despois da derrota de Mini Meigas ante os anfitrións de Galicia Rollers, que agora están na segunda posición da clasificación provisional, aínda que con tres partidos mais que o conxunto de Lugo e dous con respecto a Peque Lóstregos. Tamén hai que salientar a vitoria de Iguanas ante Alquimia, o que iguala a loita pola cuarta praza que dá acceso á Final a 4 e da que non quere descolgarse Morcegos.
[Fotos: Lóstregos Lucus]
#eupatino