O derbi lugués entre Club Hóckey Feminino Meigas e Lóstregos Feminino marca a xeira de encontros que desde este venres se celebran correspondentes ás Ligas Galegas Sénior, tanto da categoría Feminina, como é o caso, como da Masculina. Meigas ten a oportunidade de racha-la imbatibilidade de Lóstregos o venres 26 de xaneiro no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo desde as 21:00 horas mentres o domingo 27 xogarán na mesma pista contra A Guarda H. L.
Tamén o polideportivo Agra 1 da Coruña acolle catro partidos na tarde do sábado 26, tres da Liga Galega Sénior Masculina e un da Feminina, concretamente o que enfrontará a Lóstregos Feminino e Brigantium (17:30 horas). O resto de partidos, todos da categoría Masculina, son Lóstregos Máster-Brigantium (15:00), Brigantium Beta-Lóstregos (16:15) e Galicia Rollers-Lóstregos Máster (18:45).
En Ourense, no pavillón da Carballeira, dispútase o encontro entre Morcegos H. L. e A. D. C. Alquimia Inline desde as 19:30 horas.
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino