PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 24

A Coruña e Redondela acolleron as dúas probas do programa Xogade de Deporte Escolar de Patinaxe Artística

A pasada semana celebráronse as dúas probas de Deporte Escolar do programa Xogade de Patinaxe Artística na modalidade de Grupos Show. Na provincia da Coruña, a competición desenvolveuse o mércores 17 de maio, coincidindo coa festividade autonómica do Día das Letras Galegas. Estivo organizada polo CPA Brincadeira no Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña e contou coa participación de 7 Grupos Pequenos e 9 Grandes nos patinadores e patinadoras de Primaria mentres que nos de Secundaria acudiron 5 Pequenos e 2 Grandes aos que se engadiron 4 Cuartetos.

O sábado 20 de maio foi a quenda da provincia de Pontevedra no novo Pavillón da Marisma de Redondela, sendo o Club Patinaxe Bolboreta o organizador. Aquí estiveron 4 Grupos Pequenos de Primaria además de 2 Grandes e 1 Pequeno de Secundaria máis e Cuartetos.

Nos documentos adxuntos podedes descargar as correspondentes clasificacións.

[Foto: CP Ribeira]

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL