PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 14

A Copa Federación Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns contará coa participación de nove equipos

Os nove equipos inscritos da categoría Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns entrarán no sorteo das eliminatorias de da Copa Federación, que se celebrará o martes 20 de marzo ás 20:00 horas na sede da Federación Galega de Patinaxe e que se disputarán a dous partidos de ida e volta así como as semifinais. A final será a partido único nunha sede que se designará próximamente.

A cada un dos conxuntos asignaráselle un número do 1 ao 9, tendo que xogar ós que lle toque o 8 e o 9 unha fase previa, tamén a dous partidos, da cal o gañador pasará aos cuartos de final que disputará contra o equipo número 1.

 

Datas previstas

Eliminatoria previa: 14-15 e 21-22 de abril. (Equipo 8-Equipo 9).

Cuartos de final: 5-6 e 12-13 de maio. [Equipo 1-Gañador Equipo 8-Equipo 9, Equipo 4-Equipo 5 (os vencedores xogan unha semifinal); Equipo 2-Equipo 7, Equipo 3-Equipo 6 (os gañadores disputan a outra semifinal)]

Semifinais: 19-20 e 26-27 de maio.

Final: 2-3 de xuño.

Os equipos inscritos son os seguintes: HC Borbolla “A”, HC Borbolla “B”, Club Compañía de María, CH Compostela, Club AA Dominicos, Escola Lubiáns, HC Liceo, HC Raxoi e Traviesas Hockey Club.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL