Onte domingo, 25 de febreiro, o pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo acollía coa organización do CP Lóstregos Lucus a Terceira Sede da Liga Galega Benxamín na que se celebraban todos os partidos correspondentes á xornada 10, dous da 9 e un da 11, ademais doutro da Liga Galega Feminina, no que o Lóstregos Feminino derrotaba a ADC Alquimia Inline.
Entre os máis cativos, Peque Lóstregos afianza a súa primeira praza na clasificación provisional, sendo de momento o único equipo invicto ao gañar os nove encontros desputados. Hai que salientar ademais a boa marcha de Morcegos HL, que con dúas vitorias, unha delas moi importante ante ADC Alquimia Inline, se consolida na terceira posición cun partido menos xogado e só dúas derrotas, polo que incluso podería optar a unha segunda praza que ocupa momentáneamente CH Minimeigas.
A vindeira e derradeira Sede será tamén en Lugo organizada por Lóstregos o 18 de marzo.
#eupatino
[Fotos: ADC Alquimia Inline]