A pista municipal de Sada (A Coruña) acollía este fin de semana (17-18 de marzo) o Campionato Galego en Pista de Patinaxe de Velocidade, adiado inicialmente na data prevista dos días 3 e 4 de marzo pola malas condicións atmosféricas previstas. Dado que non se quería suspender de novo, decidíase afrontar a competición á espera do que deparara o tempo.
Un total de 72 patinadores e patinadoras dos clubes Sada Patín, SCD Rabadeira, ACD Alquimia e Freestyle Vigo das categorías Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil, Junior, Senior e Master, tanto masculinas como femininas, acudían a participar nas probas previstas que se desenvolveron sen ningún incidente na xornada do sábado, nas que acompañou a bonanza atmosférica coa pista seca. Non foi o caso do domingo, onde a chuvia impediu completar o programa establecido, polo que se suspenderon todas as probas que non se disputarán debido á dificultade para atopar datas. No arquivo adxunto podedes consultar os resultados de todas as categorías.
#eupatino