Esta fin de semana celebrouse en Carballo a Final do Campionato Galego – Xunta de Galicia de hóckey a patíns en categoría Alevín.
O sábado xogáronse as semifinais cos seguintes cruces e resultados tras dous intensos partidos moi igualados:
CAA Dominicos A 5 – Energimac Escola Lubiáns 2
Deportivo Liceo A 3 – CH Oleiros A 2
O domingo tivo lugar o partido polo 3° e 4° posto, coa vitoria do Energimac Escola Lubiáns ante o CH Oleiros A por 3 – 2.
A continuación, xogábase a final, na que o Deportivo Liceo A impoñíase por 4 – 1 ao CAA Dominicos A.
Clasificación final:
Campión: Deportivo Liceo A
Subcampión: CAA Dominicos A
3° clasificado: Energimac Escola Lubiáns
4° clasificado: CH Oleiros A
Á entrega de trofeos acudiu o Concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Axenda Urbana e Fondos Europeos de Carballo; a Presidenta da FGP; e o Preside do club organizador, Escola Lubiáns.
Os catro equipos acudirán a Fase de Sector Alevín os vindeiros 25, 26 e 27 de abril en Asturias.
Fotos cedidas por Fotoschimpi.