A vindeira fin de semana, do 28 ao 30 de marzo, celebrarase a Lucas Slalom Cup 2025 en homenaxe a Lucas Seijo, un mozo patinador galego que nos deixou en setembro de 2024.
A competición contará coa participación de patinadores de máis de 15 países e terá lugar en dúas localizacións de A Coruña: O venres 28 de marzo será na Explanada de Riazor, onde se celebrarán as probas de Slides e Free Jump. Por outra banda, o sábado 29 e o domingo 30, a competición terá lugar no Polideportivo de Monte Alto e contará coas probas de Speed Slalom, Classic, Classic Pairs e Battle.
Para coñecer toda a información da Lucas Slalom Cup pódese acceder á seguinte ligazón: