Hoxe tivo lugar a “X Gala del Patinaje” na Sede do Comité Olímpico Español, en Madrid, no Pavillón Goyeneche.
Varios deportistas da Federación Galega de Patinaxe foron premiados na gala, na que se daban os recoñecementos aos logros acadados no pasado ano 2024.
Os deportistas da FGP Galardonados pola Real Federación Española de Patinaxe foron os seguintes:
- Jacobo Copa, xogador do Deportivo Liceo, como parte dos xogadores da Selección Española Sub 19 de hóckey a patíns, Campións do Mundo. O premio foi recollido por Copa, xa que foi o Capitán da Selección no Mundial.
- César Carballeira, xogador do Deportivo Liceo, como parte da Selección Española de hóckey a patíns, tamén Campións do Mundo.
- Unai Cereijo, Subcampión do Mundo (nos World Skate Games) e de Europa na modalidade de libre de patinaxe artística en categoría Junior.
- Lucas Yáñez, Bronce nos World Skate Games e no Campionato de Europa na modalidade de libre de patinaxe artística en categoría Sénior.
- Jhoan Sebastian Guzmán, patiñador de velocidade, que gañou un Ouro e un Bronce nos World Skate Games e tres Ouros e una Prata no Campionato de Europa no que, ademáis, batéu un Récord Mundial nos 100m sprint.
- CPA Godomar, Campión do Mundo e Prata no Campionato de Europa en Cuartetos Junior.
Por outra banda, Lucas Yáñez foi galardonado polo Comité Olímpico Español, que lle otorgaron a Medalla COE.
Desde a FGP queremos darlles os parabéns a todos polos recoñecementos e polo seu gran traballo durante o ano 2024.