O LXXIII Campionato de España Libre Alevín a Infantil celebrouse do 24 ao 26 de outubro en Pamplona, no Polideportivo Arrosadía, no que participaron dez patinadores/as galegos/as.
Marta Fraga, do CPA Maxia conseguiu o Ouro en categoría Infantil Feminina, mentres que Eizan Calo, do CP Ribeira, gañou o bronce en categoría Alevín Masculina.
A clasificación das patinadoras e patinadores galegas/os na competición foi a seguinte:
Categoría Alevín Feminina:
8ª Sabina Gómez Vallejo, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 39.42
17ª Andrea Hermida Santos, do CP Buxaina, coa puntuación total de 25.22
21ª Aroha Traba Castiñeiras, do CPA Omega, coa puntuación total de 23.23
Categoría Alevín Masculina:
3º Eizan Calo Fernández, do CP Ribeira, coa puntuación total de 27.46
Categoría Infantil Feminina:
1ª Marta Fraga Fuentes, do CPA Maxia, coa puntuación total de 107.73
6ª Martina Alonso Linares, do CPA Maxia, coa puntuación total de 92.19
8ª Yaiza Lamas Mengual, do CPA Maxia, coa puntuación total de 82.39
14ª Valentina Basanta Camba do CPA Maxia, coa puntuación total de 69.46
15ª Adriana Domínguez Del Val, do CARPA Viqueira, coa puntuación total de 68.63
Categoría Infantil Masculina:
16º Pablo Mendoza Casal, do Arealonga Chapela, coa puntuación total de 37.98
Desde a FGP queremos darlles os parabéns a todos polo seu gran traballo e resultados.