Esta fin de semana chega a quenda da Copa Continental de hóckey a patíns coa participación dun equipo español, dous equipos portugueses e un italiano.
A competición celébrase na localidade portuguesa de Oliveira de Azeméis e entre os árbitros designados atópanse Rubén Fernández e Daniel Villar.
Os horarios e cruces son os seguintes:
Semifinais, sábado:
14h: Sporting CP (Portugal) – Follonica Hockey (Italia)
18h: Igualada Rigat (España) – UD Oliveirense (Portugal)
Final: domingo ás 15h
Fotos cedidas por Cristian Fernández