Este sábado, 26 de outubro, celebrarase a segunda sede da Liga Galega Sénior Masculina de hóckey liña en Lugo, no Pavillón Daniel Cordido Castro.
A competición, organizada polo Club Masters, será en xornada de maña e de tarde e contará cos seguintes equipos:
Masters, Xabalies, Galaicos, Galicia Rollers, Lóstregos, Alquimia e Morcegos.