Esta fin de semana tivo lugar a Segunda Parada do Circuito do Campionato de España de Skate en modalidade de Street na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia. Esta foi a derradeira das paradas puntuables para conseguir a clasificación na final do Campionato de España, que se celebrará en Andalucía a finais do ano.
Valentina Planes e Luis Cabarcos, do Northside Skatepark Coruña, conseguiron clasificarse para a final tras un cuarto e sétimo posto respectivamente na proba á que accedían tanto skaters nacionais como internacionais. Ambos acadaron o tercer posto na Clasificación Nacional, asegurandoselas a súa praza na Final do Campionato de España, aínda que cabe destacar que xa estaban clasificados por ser os dous Campións Absolutos Galegos.
Esta proba realizouse nun skatepark construido especificamente para a ocasión e con participación de multitudes de skaters internacionais, incluso contando cun finalista olímpico, Riso Tury, que finalmente levouse o primero posto da final masculina.