O pasado domingo 6 de outubro tivo lugar unha concentración de Preselección Galega Sub 14 de Inline Freestyle coa finalidade de evaluar o nivel actual dos competidores, para valorar a posible formación dun equipo para participar no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14, que se celebrará en Valladolid do 6 ao 8 de decembro.
Tras unha xornada de evaluación e formación con todas as rapazas e rapaces convidados, ademáis dos seus adestradores, os seleccionadores Amaia de Luis e José Lago, ditaminaron que se agardará un ano máis para crer dita selección. Trátase dun deporte que ainda se está a descubrir, mentres que en España xa hai un gran nivel a estas idades.
Cabe destacar que se tomou nota dos nomes máis axeitados e se lles fará un seguemento máis de preto de cara a ver qué acontece o vindeiro ano a nivel Nacional, se esta competición se mantén ou queda só nunha proba.
Por último, agradecer a Tenda Roller Ourense, que co Convenio de colaboración firmado coa FGP, pódense utilizar as excelentes instalacións de La Nave Roller Ourense para este tipo de actividades e todas as Formacións oficiais de patinaxe Freestyle que se realicen en Ourense ata o 31 de decembro do 2025.