PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
frrestyle

Oct 01

Curso de Xuíces Autonómicos de Patinaxe Freestyle.

A Federación Galega de Patinaxe convoca un curso para formarse como Xuíz Autonómico de Patinaxe Freestyle, nas modadlidades de Inline Freestyle, Roller Freestyle e Skate Cross. Será tamén para todos aqueles que exerceran como xuíces nos últimos anos e que deban actualizarse.

 

O curso contará cunha parte online do 28 de outubro ao 22 de novembro. A parte presencial e exame serán o sábado 23 de novembro, de 10:30 a 14:30h. e de 16:00 a 19:00h. nas instalacións da FGP.

A parte práctica terá lugar o domingo 24 de novembro durante a segunda Sede da Liga Galega de Patinaxe Freestyle.

 

As clases online serán no presenciais a excepción dalgunha posible xornada especial de videochamada, optativa, e da que se avisará con suficiente antelación.

 

O Xuíz Nacional José Manuel Lago Varela, presidente do Comité Galego de Patinaxe Freestyle, será o encargado de impartir o curso, que será de obrigado cumprimento para poder exercer como xuíz a vindeira tempada 2025.

 

Para máis información pódese acceder ao seguinte documento: CGF_2024_ConvocatoriaCursoJueces

frrestyle

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL