O sábado tivo lugar en A Coruña o Stage de inicio de tempada dos árbitros de hóckey a patíns pertencentes á Federación Galega.
Ao longo do día foron tratando diferentes aspectos psicolóxicos, físicos e de Regramento.
O taller psicolóxico, Xestión das protestas e os erros durante o partido, correu a cargo do psicólogo Alfonso Dans.
Despois, foi a quenda de Óscar Parga, preparador físico e fisioterapeuta, coa Preparación Física e Probas de Aptitude.
Finalmente, a parte técnica con Regras de xogo e actualizacións foi da man de Rubén Fernández, árbitro internacional da FGP.