PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jul 18

Eurohockey: resumen día 5

Palacio dos Deportes de Riazor – A Coruña | 18 de xullo de 2018

O quinto e penúltimo día da fase previa de grupos comezaba cun, a priori, interesante Francia-Suiza. Os helvéticos marcaban primeiro de penalti no minuto cinco, pero os franceses, que acudiron ao campionato con só oito xogadores, deixaban o partido resolto ao descanso tras conseguir catro goles no primeiro periodo. Ao final, un 5-2 favorable a Francia que lle mantén segunda do grupo A.

Estivo moi animado tamén o segundo partido matinal entre Inglaterra e Holanda, correspondente ao grupo B. Os tulipáns buscaban a súa primeira vitoria e, mediado o segundo periodo, parecía que tiñan en encontro encarrilado, pero a remontada dos ingleses dáballe a volta ao marcador para terminar gañando por 6-4, logrando así o seu segundo triunfo no campionato.

A sesión vespertina arrincaba cun vibrante Italia-Alemaña. En só seis minutos xa se marcaron catro tantos cun 3-1 favorable aos italianos. A racha goleadora non cesou durante os 50 minutos, nun partido onde os alemáns dirixidos polo español Jordi Molet intentaron dar a sorpresa, pero a maior calidade do conxunto de Alessandro Mariotti terminou decantando o resultado final.

A continuación España enfrontábase á débil Bélxica, que ata o momento acumulaba unha goleada tras outra. Partido de mero trámite para os de Alejandro Domínguez, cun contundente 0-15 ao descanso. España, que necesitaba vinte goles de diferenza para superar a Italia en caso de hipotético empate, terminaba vencendo por un contundente 0-22. Portugal pechaba a xornada con Austria noutro partido liquidado claramente polos de Luís Sénica cun cómodo 1-5 ao seu favor.

No grupo A domina claramente Portugal, que ata o momento non tivo ningún partido complicado á espera de enfrontarse mañá a Francia. O mesmo ocorre no B, con España agora como novo líder provisional agardando ao que ocorrerá na derradeira xornada da fase de grupos ante Italia, que será mañá xoves con estes partidos e horarios:

10:00 | Holanda – Bélxica

12:30 | Andorra – Austria

17:30 | Alemaña – Inglaterra

20:00 | España – Italia

22:00 | Portugal – Francia

Galería de imaxes día 5

www.eurohockey2018.gal

info@eurohockey2018.gal

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL