Os pasados días 4 e 5 de decembro levouse a cabo a 1ª tecnificación da modalidade de Grupos Show grandes e pequenos (artístico) impartida polo técnico internacional Xavi López, na localidade coruñesa de O Pino, O Pedrouzo.
Patinadoras e patinadores de diferentes grupos Show grandes e pequenos participaron nesta convocatoria acompañadas/os polas/os súas/seus adestradoras/es.
Desenvolvéronse sesións orientadas á formación de técnicos/as polo que asistieron ás xornadas máis adestradores/as dos/as convocados/as inicialmente; todas/os as/os participantes traballaron duro e con moita ilusión ao longo destas xornadas de grande interés marcándose nelas a liñas xerais de traballo que serán tidas en conta nos seus adestramentos diarios.
Agradecer ao Concello de O Pino a súa colaboración no empréstimo das súas instalacións deportivas para o desenvolvemento deste proxecto deportivo federado.




